Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A empresa “Agro Vidal” doa ao Concello unha importante cantidade de material de protección contra o covid-19
A empresa “Agro Vidal” doa ao Concello unha importante cantidade de material de protección contra o covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 Marzo 2020 12:13

A empresa “Agro Vidal”, vén de doar unha importante cantidade de material de protección contra o covid-19 ao Concello de Verín. A Policía Local procedeu á súa repartición entre algúns dos colectivos da vila que, pola súa exposición máis directa ao virus, máis o necesitan.

Begoña Vidal, xerente da empresa “ Agro Vidal” quixo achegar o seu gran de area para contribuir a mellorar a situación que atravesa a cidadanía como consecuencia da crise sanitaria derivada da expansión do coronavirus covid-19 doando, de maneira totalmente altruísta, unha vintena de máscaras ffp2, vinte caixas de luvas, un traxe EPI, batas desbotables e varias unidades de produtos desinfectantes.

O material foi distribuído pola Policía Local de Verín entre algúns dos colectivos que, debido ao seu traballo, están máis expostos ao posible contaxio da enfermidade. Neste caso, o equipo foi entregado aos traballadores e traballadoras do Hospital de Verín e do Asilo Santa María  Nai e aos responsables de Cáritas, encargados de facer a repartición de alimentos entre os colectivos máis desfavorecidos.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quixo agradecer a todas as empresas que están a realizar donacións na vila o seu gran compromiso social. “É gratificante ver como nestes momentos tan críticos brotan este tipo de iniciativas totalmente altruístas entre os nosos veciños e veciñas, accións que sen dúbida axudarannos a superar canto antes esta crise”.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>