Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN || MEDIDAS DE CONTENCIÓN CONTRA A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS COVID-19
ACTUALIZACIÓN || MEDIDAS DE CONTENCIÓN CONTRA A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Marzo 2020 22:16

O Consello da Xunta acaba de declarar a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma. Poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia.

Esta declaración activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asumirá todas as actividades de emerxencia

?Crearase un Centro de Coordinación Operativo con responsables da Xunta, Goberno central, FFCCSE e emerxencias
?Porase en marcha un enlace co posto de mando avanzado
?Mobilizaranse de inmediato os grupos operativos
?Informarase á poboación das instrucións pertinentes

Novas medidas da Xunta:
?Peche ao público de bares, restaurantes e cafeterías, aínda que poderán prestar servizos de envío a domicilio ou recollida no local mantendo sempre a distancia de seguridade. A permanencia no establecemento será só a estritamente necesaria

?O peche non afecta a bares nin restaurantes situados en establecementos hoteleiros nin aos comercios minoristas de alimentación e produtos de 1ª necesidade

?Nas grandes superficies permanecerán abertos ao público só os establecementos de alimentación e 1ª necesidade

?Péchanse discotecas, cines, teatros, establecementos de xogo, salas de concertos, auditorios, recintos feirais, establecementos de ocio e entretemento, centros de ocio infantil, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios e piscinas

?Péchanse os albergues do Camiño

?Restrición nos funerais: aforo máximo de 1/3 da capacidade e 25 persoas máximo para o acompañamento do cortexo fúnebre

Ademais, reforzarase máis a atención telefónica. Debemos preservar o 900400116 só para persoas con síntomas deste virus. O 061 é exclusivo para urxencias médicas

Intentarase habilitar teléfonos para que a xente poida ser atendida no seu centro de saúde se ten síntomas do coronavirus

Pedimos responsabilidade aos máis novos por ser potenciais vectores de transmisión. Máis que nunca debemos de actuar como un corpo unido, solidario e responsable

Solicitamos aos cidadáns de outras CC.AA. que se trasladaron a Galicia que extremen as precaucións con intensidade

Galicia agradece aos profesionais sanitarios a súa atención ás persoas infectadas e os seus esforzos para conter o virus

Pasamos unha proba de convivencia e todos, sen excepción, debemos actuar coa máxima prudencia e civismo. As próximas semanas son claves

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>