Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A de Verín, primeira Biblioteca Galega en sumarse ao proxecto “Bibliotecas en Igualdade”
A de Verín, primeira Biblioteca Galega en sumarse ao proxecto “Bibliotecas en Igualdade” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Marzo 2020 14:57

A Biblioteca Pública Municipal de Verín súmase ao Proxecto “Bibliotecas en Igualdade” promovido pola Asociación Clásicas y Modernas, converténdose así na primeira Biblioteca en adherirse a esta iniciativa na comunidade autónoma de Galicia.

O convenio de adhesión foi formalizado esta mañá por Diego Lourenzo Moura, alcalde en funcións, e por Rosa María Rodríguez  Magda, vicepresidenta de investigación e cultura da asociación  Clásicas e Modernas ( CyM), entidade responsable da iniciativa. Tamén estiveron  presentes a actriz e directora, Mariana Carballal, como secretaria da asociación; e Aurora Prieto Tarrío, responsable da Biblioteca.

O obxectivo deste proxecto é  outorgar  unha  maior  visibilidade  ás escritoras, en especial  ás propias de cada  comunidade, completando vos  seus fondos bibliográficos, en relación  cos  baleiros e  as ausencias de obra literaria e intelectual escrita por mulleres de todos os tempos.

A partir da adhesión a  o proxecto “Bibliotecas en Igualdade”, elaborado por Clásicas y Modernas, proponse lanzar unha gran campaña de concienciación, capitaneada pola  Biblioteca Nacional de España en colaboración coas bibliotecas das diferentes Comunidades Autónomas, destinada á recuperación e posta en valor das obras escritas por mulleres.

Entre os compromisos adquiridos coa asina deste convenio atópase o activar unha mirada crítica con perspectiva de igualdade á hora de achegarnos aos andeis das bibliotecas; contribuír a dar unha maior visibilidade ás escritoras, en especial ás da propia comunidade autónoma, e ás súas obras; promover a adquisición de obras de lectura e consulta procurando equilibrio na autoría para reparar ou  esquecemento e facilitar ou acceso  ás  novidades  asinadas por  homes e mulleres; ou avanzar na confección dun catálogo dixital, con especial atención ás autoras de cada comunidade autónoma.

Clásicas y Modernas é unha asociación para a igualdade de xénero na ciencia e a cultura, fundada en 2009 por mulleres profesionais da literatura, o xornalismo, a música, o teatro, o cinema… nas súas distintas facetas (creación, xestión, investigación, crítica, teoría, ensino). Esta Asociación nace co fin de apoiar, difundir e promover as políticas de desenvolvemento da Igualdade na creación, tanto nacional como internacional.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>