Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno infantil de Verín interésase polo medio ambiente, o cambio climático e a transición ecolóxica
O pleno infantil de Verín interésase polo medio ambiente, o cambio climático e a transición ecolóxica PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Marzo 2020 14:02

Máis de 150 alumnos de sexto de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron esta mañá no Pleno Infantil, convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.


O pleno infantil deste ano centrouse no medio ambiente, no cambio climático e na transición ecolóxica, afondando en importantes temas como o quecemento e desxeo global, a problemática dos microplásticos ou a importancia das zonas verdes urbanas.

Durante a sesión, presidida polo alcalde en funcións e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo a as concelleiras de Cultura, Educación e Festexos, Emilia Somoza; de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de expoñerlle aos membros da corporación municipal  varias propostas, tales como: a creación dun parque multiaventura, o fomento dunha educación que promova a concienciación ecolóxica e implantación de sistemas de máquinas de reciclaxe remunerado de envases.

Ao finalizar o pleno, os cativos tamén tiveron a oportunidade de expoñerlle aos representantes públicos moitas das súas inquedanzas.

Diego Lourenzo quixo recordar que esta sesión plenaria foi concibida polo  Concello  e os centros educativos coa finalidade de fomentar os valores de convivencia, tolerancia, respecto e non violencia entre os máis pequenos. “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un  método moi efectivo  para que os nenos e nenas lle transmitan aos seus pais e familiares estes valores”.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>