Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil 'Igualdade todos os días' na Ludoteca de Verán
'Igualdade todos os días' na Ludoteca de Verán PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Agosto 2014 13:17

A Oficina Municipal de Información Xuvenil e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Verín organizan o vindeiro luns 25 de agosto a actividade “Igualdade todos os días” na Ludoteca de Verán - Campamento Urbano.


A igualdade é un traballo en equipo onde nenos e nenas deben lograr un equilibrio na vida diaria (familia, escola, amistades). Por este motivo, nesa xornada traballarase o que é ser home e muller, as diferencias biolóxicas, pero logo a construción coma persoas en igualdade. Os/As menores farán un mural onde se plasmarán mensaxes como: compartir responsabilidades, valores e actitudes igualitarias, e linguaxe non sexista.

Ademais, daráselle a volta aos contos tradicionais coma a Cenicienta, Bella Durmiente ou Blancanieves, para desmitificar aos príncipes e princesas azuis. Todo isto co obxecto de que os nenos e nenas da Ludoteca traballen diariamente e interioricen a igualdade na súa vida familiar e escolar.

Por outra banda, na xornada de hoxe un total de 25 menores/as participantes  na Ludoteca de Verán - Campamento Urbano realizarán unha acampada nocturna, na que tamén efectuarán xogos de campamento ou busca do tesouro, entre outros.


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>