Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan fondos para axudar a unha nena do municipio
Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan fondos para axudar a unha nena do municipio PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Xullo 2014 12:54

Baixo o lema “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, os nenos e nenas participantes nesta nova edición da Ludoteca de Verán - Campamento Urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, recadarán fondos destinados ao tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.

Os/As menores están a elaborar diferentes manualidades como broches, pulseiras, pompóns, ou lapiceiros, entre outros, que serán vendidos durante os meses de xullo e agosto nas feiras que se celebran na vila nas xornadas do 3, 11 e 23.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>