Entrega dos premios 'Mellor Tapa' e 'Tapeira Maior 2008' de Verín |
|
|
|
Venres, 29 Agosto 2008 12:34 |
Esta mañá, o salón de xuntas do Concello de Verín acolleu a entrega de premios da primera edición da ruta gastronómica “Un río de tapas” de Verín, unha iniciativa realizada co fin de recuperar a tradición do “tapeo” na localidade e dar a coñecer a oferta gastronómica existente. Mentres o de “Mellor Tapa” recaeu en Esperanza Carrajo Parada, propietaria do Mesón O Pucheiro, pola tapa Delicias de ovos de paspallás, por decisión unánime do xurado, e o de “Tapeira Maior 2008” foi para Sonia Zarraquiños Novelle, como resultado do concurso realizado entre todos os participantes que cumplimentaron o “pasaporte”.
Ambas recibiron un premio en metálico de 300 €, o de “Mellor Tapa” concedido pola Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei (AECOM) foi entregado por Antonio Álvarez Vivián; e o de “Tapeira Maior 2008” por José Luis Núñez Barreal, propietario do restaurante O Castelo, como representante dos establecementos participantes nesta actividade. Na ruta, organizada polo Concello de Verín en colaboración con AECOM e a D.O. Monterrei, entre os días 8 e 17 de agosto, participaron un total de 20 establecementos que ofertaron 32 tapas salgadas e doces, maridadas con viño da D.O. Monterrei.
|